
DINAMIZACIÓN
BIBLIOTECAS VIVENTES
Unha Biblioteca Vivente é, en esencia, unha biblioteca na que os libros son persoas e a lectura dos mesmos, unha conversa. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as. Para ser un Libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade. Todos somos potenciais Libros e Lectores.
A Biblioteca Vivente é un proxecto educativo e cultural que pretende achegar coñecementos ás persoas dun xeito ameno, directo e participativo. É un proxecto de dinamización do coñecemento que convida a indagar e a descubrir aspectos novidosos sobre o tema proposto desde a propia experiencia e desde os propios intereses. Axuda a combater o descoñecemento, ignorancia, prexuízos e estereotipos dunha maneira activa e vivenciada.
+ INFO:
memoria colectiva e o patrimonio cultural inmaterial galego