top of page
Tesouros Vivos.jpg

QUE SON OS TESOUROS

VIVOS?

QUE SON OS TESOUROS VIVOS?

Segundo a UNESCO na 32ª Conferencia Xeral e materializada na Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial “os Tesouros Humanos Vivos son individuos que posúen en sumo grao os coñecementos e técnicas precisas para interpretar ou recrear determinados elementos do patrimonio cultural inmaterial”.

“O PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL inclúe os usos e expresións, xunto cos coñecementos, técnicas e valores que lles son inherentes, que as comunidades e grupos recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural. Este patrimonio transmítese de xeración en xeración, principalmente de xeito oral. É recreado constantemente en resposta aos cambios no entorno social e cultural. Infunde aos individuos, aos grupos e ás comunidades un sentimento de identidade e continuidade e constitúe unha garantía de desenvolvemento sostible.

O PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL maniféstase en particular nos ámbitos seguintes, facendo a salvedade de que as expresións do patrimonio cultural inmaterial poden pertencer simultaneamente a varios destes ámbitos:

a) tradicións e expresións orais, incluído o idioma como vehículo do patrimonio cultural inmaterial.

b) artes do espectáculo.

c) usos sociais, rituais e actos festivos.

d) coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo.

e) técnicas artesanais tradicionais.

A este categoría nós engadimos tamén as historias de vida relevantes e significativas que formen parte da memoria colectiva e axuden a unha maior comprensión e estima como pobo.

bottom of page